Friday 10 de May de 2024

O concello adquire 194 sinais verticais de tráfico para cambiar as deterioradas e colocar en novos puntos no municipio


O Concello de Riveira vén de adxudicar un contrato destinado á subministración de 194 sinais verticais para vías e espazos públicos no municipio.

A necesidade deste contrato deriva da obriga de manter as condicións de seguridade viaria en camiños e outros espazos públicos, dotándoos de novos elementos de sinalización, ben por inexistencia nalgúns puntos ben pola conveniencia de substituír algúns existentes por atoparse nun estado deficiente.

A empresa que subministrará os novos elementos de sinalización será, conforme ao procedemento de licitación realizado, Reynober, S.A.. O prezo de axdudicación ascendeu a un total de 8.295 euros (IVE incluído).

Os sinais pertencen a 28 formatos distintos: dende espellos de diferentes diámetros ata elementos indicativos de velocidad máxima, sentido obrigatorio, prohibición de xiro, etc…

Todas as sinais estarán adaptadas á normativa vixente, incluíndo o estipulado en disposicións UNE e ISO de aplicación.